sábado, 21 de xuño de 2014

LECTURAS PARA O VERÁN

Non esquezades que tedes na biblioteca novas para mellorar o voso inglés lendo.

Boas vacacións dende a Biblio do Coroso!!!

xoves, 5 de xuño de 2014

CAPITAN PHILLIPS 

 Tedes na biblioteca a película en V.O. con subtítulos en inglés e en castelán






 

 


MATERIAIS PARA APRENDER  INGLÉS

 

Está dispoñible na biblioteca do CIFP Coroso a revista Speak Up de Xuño, para aprender inglés. Recomendable para todos os niveis, dende básico ata avanzado.







mércores, 4 de xuño de 2014

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE ...



Esta historia está contada en primeira persoa por Christopher John Francis Boone, un rapaz de quince anos que sofre síndrome de Asperger e que vive en Swindon (Reino Unido).
Unha noite descobre o cadáver de Wellington, o caniche da súa veciña, a señora Shears, que aparecera atravesado por unha forca.
Despois dun incidente, decide investigar o caso para eliminar sospeitas sobre a súa persoa...